A sociedade contestou abertamente no 2001 o modelo de Universidade da LOU. As mobilizacións opoñíanse a unha concepción elitista da universidade, ás actuacións prepotentes en cadea dun goberno que negaba a negociación amparado na súa maioría absoluta e favorecía ás universidades privadas. A reformulación a peor da carreira docente, os recortes da participación da comunidade universitaria no goberno da institución, o sistema de acceso á universidade, a perda de funcións do claustro universitario e a inclusión dunha representación do Consello Social no seo do Consello de Goberno da Universidade contribuiron tamén, entre outros motivos, á mobilización xeral.
Daquelas mobilizacións quedan, nembargantes, dúbidas en canto ou seu resón efectivo.
A cidadanía en xeral puido,cecais, ver que a protesta pública contra a LOU era unha cousa de señoritos. Á sociedade importalle máis a FP e os niveis de ensino primario e secundario que a ensinanza superior. Na UE a porcentaxe de poboación activa que conta cunha titulación universitaria é do 21% fronte o 43% no Canadá e o 38% en Estados Unidos. Por outra banda, a cidadanía en España endexamáis se manifestou a prol da Universidade dende a restauración da democracia, agás das protestas localistas polo reparto de titulacións que determinados axentes e cargos políticos inducían e, nalgúns casos, financiaban con fins electoralistas.
Os medios de comunicación entenderon sobre todo a protesta como unha máis contra a prepotencia dun goberno de mayoría absoluta.
Os partidos políticos de fora do goberno apreciaron sobre todo os réditos que a protesta lles podía xerar e, por ísto, estiveron máis ou menos presentes; pero tampouco consensuaron no congreso dos Diputados unha alternativa completa á LOU.
A Conferencia de Reitores (CRUE) descolgouse das protestas tan pronto como tivo confirmación de que a entrada en vigor da LOU non lles ía a crear ningún problema de calendario ou doutro tipo para a renovación do cargo de Reitor.
O 1 de decembro de 2001 tiveron lugar as marchas contra a LOU nas principais cidades españolas, convocadas co único propósito de derogación do texto legal proposto pola ministra Pilar del Castillo. Na de Madrid participaron máis de 300.000 persoas nunha manifestación encabezada, entre outros, por J.L. Rodríguez Zapatero. Iste compromiso non resultou refrendado no programa electoral do PSOE para as eleccións xerais de 2004 e tampouco na recente proposta de reforma da LOU, baixo o pretexto de non abrir agora un novo período constituínte na recta final de incorporación ó espacio europeo común. Sen embargo, ista proposta concorda íntegramente coas pretensións da Ministra de Educación e do Secretario de Estado de Universidades manifestadas xa fai ano e medio, polo que amosa unha cativa vontade política de transformación profunda da Universidade e que só pretende aplicar un analxésico a determinados apartados da LOU e non unha cura de raíz, polo que se lle outorga estabilidade a LOU para moito tempo.
Os equipos de goberno das Universidades, pola súa banda, están asumindo como normal un período de tempo tan escaso para o debate desta reforma da LOU, pois e só de dous meses con vencemento o 31 de decembro de 2005. As esixencias da comunidade universitaria de fai catro anos están vivas; pero, os reitores parecen máis interesados en soterralas que en actualizalas.
A FETE/UGT-UVIGO está aberta á recollida de tódalas propostas que lle cheguen e comprometida a darlle traslado ainda que sexa in extremis.